GALICIA | 02.02.2012 | 22:06 GAL-TEMPO FRÍO

Máis de 400 persoas e 160 máquinas vixiarán 5.500 quilómetros de estradas

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Santiago de Compostela, 2 feb. (EFEverde).- A Xunta mobilizou máis de 400 persoas e 160 máquinas para garantir as condicións de circulación nos 5.500 quilómetros da rede autonómica de estradas ante a vaga de frío prevista para mañá, especialmente no interior da Comunidade.

Nun comunicado, a Consellería de Medio Ambiente concretou que a Axencia Estatal de Meteoroloxía e o MeteoGalicia decretaron o nivel de alerta amarela para as provincias de Lugo e Ourense, e advertiu de que poderían rexistrarse xeadas en zonas con altos niveis de humidade, polo que recomendou aos cidadáns que extremen a precaución e eviten os desprazamentos por estrada.

Coa activación do Plan de Viabilidade Invernal, o Goberno galego pon a disposición os diferentes medios en cada provincia, neste caso 29 centros operativos, 70 reservas fundentes, 162 maquinas e máis de 400 persoas, entre técnicos e persoal de estradas.

As vías autonómicas onde se poderían rexistrar máis problemas por xeo ou neve suman 873 quilómetros, 16 por cento do total da rede galega, dos que 291 corresponden á provincia de Lugo, 270 a Ourense, 190 á Coruña e 122 a Pontevedra.

O plan de viabilidade 2011-2012, en que a Xunta inviste catro millóns de euros, activouse no pasado 1 de novembro e manterase operativo até o vindeiro 30 de abril. EFE

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Contenidos relacionados
con la colaboración de