ENERGÍA

GALICIA | 06.02.2012 | 23:03 GAL-PARQUES EÓLICOS

Industria estudará as propostas da Xunta sobre os parques eólicos

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Madrid, 6 feb. (EFEverde).- O Ministerio de Industria comprometeuse hoxe a estudar as propostas que lle propuxo o Goberno galego para manter a viabilidade dos parques eólicos en función da súa eficiencia, segundo dixo hoxe o conselleiro de Economía e Innovación, Javier Guerra.

Guerra participou na reunión que mantiveron en Madrid o ministro de Industria, José Manuel Soria, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para tratar asuntos relacionados coas enerxías renovábeis e co sector naval, entre outros.

En concreto, Feijóo e Guerra propuxeron ao Goberno central dúas alternativas para manter a viabilidade dos parques eólicos en función da súa eficiencia, que, no caso galego, beneficiaría a totalidade dos proxectos.

As propostas galegas baséanse en primar a eficiencia, de maneira que fosen apoiados os proxectos a partir de 2.500 horas de vento ao ano.

O termo medio de horas de España é de 2.200 e todas as do concurso eólico galego superarán as 2.600, con algúns parques que atinxen as 3.500, o que as converten nas "máis eficientes" do país, segundo Guerra.

A primeira alternativa que propón a Xunta é estabelecer un réxime específico para os parques con máis de 2.500 horas, de forma que reciban 70 por cento da prima os inscritos en 2012 e 50 por cento as de 2013.

Como segunda alternativa, o Goberno galego propón que os parques afectados polo real decreto que aprobou recentemente o Executivo perciban o prezo do mercado estimado até 2020.

Despois de escoitar as propostas, o ministro explicoulles o problema tarifario e que non quere que o déficit recaia nos consumidores, motivo polo que lles dixo que o seu departamento está a buscar solucións.

No referente ao sector naval, Feijóo propuxo ao ministro a situación da Navantia e, en concreto, a necesidade de construír un dique flotante, unha cuestión demandada polo sector e ante a que o ministro mostrou "sensibilidade", comentou Guerra. EFE

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Contenidos relacionados