GALICIA | 02.02.2012 | 22:06 GAL-DÍA ZONAS HÚMIDAS

Hernández solta en Corrubedo dous araos dos cons e un arao romeiro no Día das Zonas Húmidas

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Santiago de Compostela, 2 feb. (EFEverde).- O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou hoxe o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, con motivo do Día Mundial das Zonas Húmidas, onde presenciou a solta de dous araos dos cons e un arao romeiro, procedentes do centro de recuperación de Oleiros.

Hernández dixo que o de Corrubedo é un dos espazos costeiros máis significativos do patrimonio natural galego e o único Parque Natural de Galicia de ámbito litoral, informou a Xunta nun comunicado.

O departamento de Medio Ambiente lembra que é un espazo que recibe a visita dunhas 300.000 persoas ao ano e, a pesar do seu pequeno tamaño, non chega ás 1.000 hectáreas, alberga unha gran variedade de ecosistemas, hábitats e especies de fauna e flora representativos do litoral, recollidos na Directiva Hábitats, Directiva Aves e Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Neste ano celébrase a 41ª edición do Día Mundial das Zonas Húmidas, que procede da convención sobre estes espazos de importancia internacional, que naceu en 1971 na cidade iraniana de Ramsar e entrou en vigor en 1975.

A súa misión é a conservación e o uso racional destes ecosistemas mediante accións locais e nacionais, grazas á cooperación internacional.

O inventario de zonas húmidas de Galicia inclúe 1.131 cunha superficie de 70.673,3 hectáreas, mais frecuentes nos sectores litorais, as depresións sedimentarias interiores e as áreas de montaña sublitorais e centrais.

A Comunidade Autónoma conta, ademais, con cinco zonas húmidas declaradas como Sitio Ramsar, cun total de 7.698 hectáreas: ría de Ribadeo; ría de Ortigueira e Ladrido; lagoa e areal de Valdoviño; Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; e Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira. EFE

jl/jrs

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Contenidos relacionados
con la colaboración de