GALICIA | 02.02.2012 | 22:06 GAL-DÍA ZONAS HÚMIDAS

Ecoloxistas denuncian "graves carencias" na xestión das zonas húmidas

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Santiago de Compostela, 2 feb. (EFEverde).- A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou hoxe, Día Mundial das Zonas Húmidas, "as graves carencias de xestión" en Galicia destes ecosistemas.

Para os ecoloxistas, "os nosos gobernantes atrasan decisións, non saben ou non queren protexer adecuadamente as zonas húmidas e non impiden o incumprimento continuado da lexislación que as protexe".

Como exemplos, a SGHN sinala nun comunicado os casos da lagoa da Frouxeira ou a situación da ZEPA da Limia.

Da primeira, resalta que os problemas de elevación excesiva da lámina de auga veñen do cambio de usos tradicionais e diversas actuacións que alteraron a dinámica da lagoa e o seu funcionamento natural, e lembra que xa hai dous anos que advertiu destes riscos e demandou un estudo, que "nunca se realizou".

A sociedade lembra que se trata dun sistema catalogado, entre outras figuras, como Zona Húmida de Importancia Internacional e está incluída na lista de zonas húmidas españolas de Ramsar.

Da zona especial de protección de aves da Limia, denuncia que case un mes de concluír o prazo de dous anos estabelecido legalmente para a súa publicación e entrada en funcionamento do plan de xestión da ZEPA, aínda non se deron estes pasos. EFE

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Contenidos relacionados
con la colaboración de